O BOP nº 35 de 12 de febreiro de 2011 publica a convocatoria das bases que rexerán o proceso selectivo mediante concurso-oposición de trece prazas de profesorado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Estas prazas son de profesor/a de guitarra (2), piano (4), solfexo, piano-acordeón, viola-violín, trompeta, clarinete, canto (a tempo parcial) e frauta.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais contados a partires do seguinte á súa publicación no BOE.
Toda a información sobre este proceso (requisitos, valoración de méritos, temas,..) está dispoñible no BOP premendo aquí.
O concello de Culleredo convoca probas selectivas, polo sistema de concurso de méritos, para a formación de listas de substitución de profesor/a de música nas especialidades de: cello, piano, trompeta e violín.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de xaneiro de 2011, dez días naturais despois da súa publicación (BOP nº 247 de 29 de decembro de 2010).
Toda a información relativa a este proceso está dispoñible na web do concello (www.culleredo.es)
A Asociación Músico-Cultural San Martiño de Salcedo convoca as bases para a contratación dun Director Artístico-Académico que xestione a Banda e a Escola de Música. O proceso de selección constará dos seguintes prazos:
Podes consultar as bases da convocatoria.
Máis información en www.bandamusicasalcedo.tk