
A Federación Galega de Bandas de Música Populares leva a cabo o VI Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica no intento de cubrir a escaseza de repertorio musical galego para bandas de música.
O éxito acadado nestes cinco anos con obras para banda sinfónica:
ou obras para banda de música:
fan que teñamos un repertorio dun valor cultural e musical importantísimos.
O estreo das obras emanadas do concurso de composición no Certame Galego de Bandas de Música que se celebra anualmente, a difusión destas obras a través da nosa páxina web e a posta a disposición de calquera banda de música deste repertorio, fan que esta sexa unha cita anual moi atractiva para calquera compositor ou compositora.
Un ano máis convidamos a todos os creadores e creadoras que o desexen a sumarse a este proxecto, onde as nosas raíces e a nosa cultura chegarán a través das música a todos os escenarios do mundo.