Coa intención de encher un baleiro que existe na cultura galega, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, en conxunto coa Federación Galega de Bandas de Música, pon en marcha un Concurso de Composición de temática galega dividido en dúas categoría:
As obras gañadoras serán estreadas pola Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares e, de estimalo oportuno, o xurado pode recoñecelas como obras obrigadas para o III Certame Galego de Bandas de Música Populares.
Con esta iniciativa non so se pretende incentivar a produción musical en galego, xa existente, senon que tamén se pretende motivar ás novas promesas galegas ou residentes na Galiza a que mostren as súas composicións.