Nace en 1980 en Merza e comeza os estudos musicais aos dez anos de idade co seu avó materno, Ramón Guzmán e un ano máis tarde comeza a estudar na escola da Banda Artística de Merza, sendo os seus mestres Xurxo Guzmán (Linguaxe Musical) e Xosé Casal (Trombón), e, dous anos máis tarde ingresa na Banda Artística de Merza.
Aos 14 anos de idade empeza a cursar os seus estudos de grao medio no Conservatorio Municipal de Lalín, sendo os seus profesores de Trombón Antonio Caneda (os dous primeiros anos) e Juan Francisco Aranega os seguintes.
No ano 1995 crea xunto a catro compañeiros o Quinteto de Metais Merza Brass.
No Ano 1997 obtén unha beca concedida pola escola municipal de Vila de Cruces para ampliar os seus estudios.
En 1999 comeza os seus estudos de Harmonía e análise musical con José Luis Quintás (naqueles anos director da banda de Agolada e na Actualidade Mestre no Conservatorio de Santiago), con quen aínda hoxe segue estudando instrumentación e análise musical.
Colaborou con diversas Bandas de Musica e coa Orquestra Xove de Galicia.
Asiste a cursos impartidos por:
No ano 2003 é contratado pola Escola Municipal de Vila de Cruces, onde imparte clases de Linguaxe musical e trombón
Colabora coa Asociación Musica Viva na creación de cursiños musicais onde destacan os cursiños impartidos por Jan Cober.
IRMANDIÑOS (descarga a obra na sección Partituras)
A obra intenta representar as revoltas irmandiñas que tiveron lugar en Galicia a mediados do século XV.
A primeira parte da Obra é un tempo lento con moitas variacións no tempo (retardando-acelerando) no que se intenta expresar a situación penosa dos labregos Galegos. Está inserido neste primeiro tempo unha Danta típica Galega que representa as festas e enchentas que os señores facían a conta da explotación dos labregos e campesiños.
A parte central da obra representa os inicios da revolución, onde os compases irregulares representan unha revolución pouco organizada no seu comezo.
O Final da Obra representa as grandes batallas e a caída dos Castelos.
Andrés Álvarez Hernández nace en Goián no ano 1983, comezando os seus estudos musicais no seo da “Agrupación Musical de Goián”, da cal é membro fundador, co mestre D. Xoán Carlos Díaz Álvarez. No ano 2002 ingresa no “Conservatorio Superior de Música de Vigo” para estudar co mestre D. José Vicente Simeó Máñez e rematar o grao profesional de música no ano 2008.
Realiza cursos de perfeccionamento de trompeta cos máis prestixiosos mestres e solistas como D. Enrique Rioja Lis (trompeta solista da orquestra de R.T.V.E.), Juanjo Serna e Carlos Benetó (trompetas do quinteto de metais Spanish Brass Luur Metalls), Fred Mills (ex trompetista de Canadian Brass), Bo Nilsson (trompeta solista da Orquestra Sinfónica de Malmö, Suecia), Filipe Queirós (tubista da OMWO) Luís González (trompeta solista da O.S.M.) e Javier Simó (trompeta solista da Real Filharmonía de Galicia) entre outros.
No campo da composición ten varias obras para banda e orquestra sendo "Gaudila", unha fantasía galega para banda, seleccionada como Obra obrigada para a 3ª sección do "VII Certame Provincial" que organiza a Excelentísima Deputación de Pontevedra e “Terra de Oestrimnios”, unha das obras finalista no “I Concurso de composición para banda de música” organizado pola FGBMP (Federación Galega de Bandas de Música Populares) e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Asiste a clases cos mestres Pablo Beltrán Sobrado (mestre de composición do "Conservatorio Superior de Música de Vigo"), Juan Manuel Eiras Tojo (mestre de composición no "Conservatorio Superiór de Música de Vigo") e Angel Antonio Montes Abalde (Compositor).
Na actualidade é membro da “Agrupación Musical de Goián” coa que acadou un segundo premio e dúas mencións de honra, no III, IV e VI respectivamente, no "Certame Provincial de Bandas de Música da provincia de Pontevedra". Tamén é membro da “Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares”.
Fai cursos de dirección con mestres como Javier Viceiro, Jose Rafael Pascual Villaplana…
Colaborou coa "Orquestra Sinfónica de Gijón" tocando na banda interna da ópera "La Traviata" de G. Verdi.
Participa no I encontro de Bandas Sinfónicas dos Conservatorios profesionais de música de Galicia, realizando concertos en A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra baixo a experta batuta do mestre Jan Cober.
Gaña coa "Banda do Conservatorio Profesional de Música de Vigo" no certame nacional "Acordes" organizado por "Cajamadrid" e celebrado no auditorio do conservatorio "Eduardo Martinez Torner" de Oviedo.
Habitualmente colabora coas bandas do sur de Galicia e norte de Portugal.
Imparte clases na especialidade de vento-metal na escola de música da “Agrupación Musical de Belesar” (Baiona) e de vento-metal e solfexo na escola de música da “Agrupación Musical de Goián” dirixindo tamén a banda infantil de dita agrupación e estuda grao superior de composición no “Conservatorio Superior de Música de Vigo”.
TERRA DE OESTRIMNIOS (descarga a o bra na sección Partituras)
(A Javier Padrón González) Rufio Avenio (século IV) afirma na súa “ora marítima”: “Existe un país, o dos Oestrimnios, que son habitantes do noroeste peninsular e que quedaría completamente deserto por causa da invasión dunha praga de serpes”. Algúns autores interpretan esta frase como unha metáfora, sendo as serpes en realidade os celtas Saefes xa que tiñan aos ofidios por animal totémico.
Esta rapsodia galega intenta plasmar, mediante a música, a tradición do pobo galego. Comezando cunha alborada moi lenta, en forma de recitativo, que como o amencer do día, segundo vai saíndo o sol, vai collendo enerxía pouco a pouco. A parte central da obra é unha canción lenta, que intenta expresar a morriña que senten os emigrantes que nalgún tempo tiveron que abandonar a nosa terra e por último temos unha muiñeira, que cunha pequena introdución de percusión e un pedal de tónica lémbranos esas romarías que se celebraban arredor dunha pequena capela, nas que os nosos avós brincaban e bailaban ao son duns gaiteiros.