RSSRSS
Composición  » II CONCURSO  »  Introdución
Aconsellar a amigo

Introdución

Grazas á creación do Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica o repertorio musical galego estase a enriquecer con pezas de gran valor que pasarán, de seguro, a ser interpretadas polas moitas agrupacións do noso país.

A Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares convocan esta segunda edición despois do éxito acadado no pasado ano, coa vontade de abrir unha cita anual de referencia para todos os compositores e compositoras, co fin de que se convertan en produtores dun futuro musical máis amplo e propio.

Estamos nun novo e próspero tempo para as bandas de música, como comprobamos nas dúas primeiras edicións do certame galego que celebramos en Compostela. Cumpría tamén atender o ámbito da composición, o xermolo do que sairán novas pezas para un repertorio galego contemporáneo. Convocamos, pois, este concurso coa idea de fomentar e enriquecer o patrimonio musical galego e convidamos a todos os compositores e compositoras a participar nel, xa que este é un camiño colectivo que cada día suma máis.

-
« Xuño - 2013 »
LMMXVSD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
1516
17
1820212223
24252627282930
-
CC