
O Campus Musical pretende ser, sen dúbida algunha, o acontecemento musical do verán. Ten lugar en Santiago de Compostela entre o 30 de agosto e o 5 de setembro. Xunta a 17 profesores de tódalas especialidades achegadas á banda de música (frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba, percusión, trompa, piano, composición e dirección) durante unhas xornadas cheas de clases individuais, grupos de cámara, acompañamento de piano, concertos e a posibilidade de participar coa Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.
O prezo das xornadas é de 50€ para os músicos federados en condición de activos (25€ para os oíntes) e 100€ para os músicos non federados en condición de activos (60€ oíntes). A organización facilita aos inscritos opcións de aloxamento e comida.
Toda a información neste recuncho da web. BUSCAA OU PREGUNTA!