RSSRSS
Campus  » Campus 2012  » Profesores  »  Piano
Aconsellar a amigo

Piano

Juan Manuel Varela Louro

Realiza os seus estudios de piano con Martín Millán e asiste a numerosos cursos de piano e música de cámara con mestres da talla de Manuel Carra, Lidia Stratulat, Alfredo Oyáguez, Cecilio Tieles e Evelio Tieles.

En 1996 comenza os estudos de improvisación e harmonía moderna con Suso Atanes, continuándoos con Abelardo Rábade e máis tarde con Andrés Rivas na escola Drops. Participa no Workshop de big band do ‘VII Festival de Jazz de Porto’, impartido por Cecil Bridgewater. Asiste a  masterclasses de improvisación con Barry Harris, Ulf Radelius, Skip Haden e Jarmo Savolainen. Colabora co quinteto de vento Pentafonía, o cuarteto de jazz Drops e o Kin García Trío, participando en festivais de jazz como Imaxinasons.

Participa como profesor no V Curso Internacional de Música e Musicoterapia no apartado de jazz colaborando e actuando co trompetista Michael P. Mossman. Participa co quinteto Pentafonía no curso Cameralia de música de cámara, cos profesores David Fernández, Eldar Nebolsin, Stephanie Winker e Dag Jensen. Xunto co trío Aliaga, representa a España no Kaleidoscope der Nationen en Viena.

Leva a cabo unha intensa labor como pianista acompañante, especialmente co Orfeón Terra a Nosa. Traballou con directores como Miro Moreira, Joam Trillo, Antoni Ros Marbá, Víctor Pablo Pérez, Oliver Von Dohnanyi, Lorenzo Ramos, Alberto Zedda, Jean Christoph Frisch…

Participa como profesor e pianista acompañante no II e III Campus Musical organizado pola Federación Galega de Bandas.

Grabou dous discos coa soprano Laura Alonso: Na boca das Camelias (2003) e  Lúa descolorida (2005), para o selo Columna Música, obtendo excelentes críticas.

Na actualidade é profesor de piano e harmonía no Conservatorio Profesional de Música de Noia (A Coruña).

-
« Maio - 2013 »
LMMXVSD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
1314
15
1617
18
19
20
21
22
23
242526
2728293031 
-
CC