RSSRSS
Bandas  » Historia das bandas  »  Historia
Aconsellar a amigo

Historia

Foto da Banda de Música de Arca

É moi probable que se lle preguntásemos á xente que é unha Banda de Música, as respostas se aproximasen bastante á realidade. Con carácter xeral hai un coñecemento bastante preciso do que é unha banda de música, pero na actualidade denominacións como Banda Sinfónica, Banda-Orquesta, Banda Filarmónica, etc. contribuíron a crear certa confusión.

En realidade a utilización de instrumentos de vento - metal e madeira - e de percusión, que como é sabido son os que integran as bandas, é antiquisima e algúns perviven aínda na súa forma orixinal en pobos moi primitivos, aínda que logo evolucionasen converténdose nos que todos coñecemos. Esta costume foi pronto vinculada con prácticas relixiosas e bélicas, e tanto nun caso como no outro duran hoxe en día.

Grandes monarcas - Luís XIV e máis adiante Federico de Prusia - concederon gran importancia á música militar. A música, repetitiva e de ritmo ben marcado, servía para subir o ánimo dos soldados no combate, e tamén - o que é moi importante - axudaba á consecución da uniformidade co mantemento do paso na tropa.

No século XIX a incorporación dos clarinetes e dos saxofóns nas bandas militares deulle a súa dimensión actual.

As bandas civís

As bandas civís fan a súa aparición a comezos do ano 1800. É evidente que nacen a imitación das militares posto que a disposición instrumental é a mesma e os músicos gardan uniformidade no desfile e na vestimenta. Pero tamén teñen as súas diferencias, posto que a súa función non ten nada que ver coa guerra, e por outra parte xorde dos movementos asociacionistas que traen os novos pensamentos liberais daquel entón, e deixan dende aquel momento de pertencer exclusivamente a certos estamentos como poden ser a alta burguesía, a nobreza, os mandos militares ou o clero. Eran as Bandas de Música Populares.

Hoxe parécenos do máis normal o que estamos a vivir coa música, pero por aquel entón foi unha conquista máis no dificil camiño que se percorreu para achegar as liberdades ó pobo.

Foto da Banda de Música de Lalín

É así como a música culta se extende e chega ata o pobo, deixando de ser privilexio duns poucos, podendo entendela e practicala todo o mundo, feito que agradaba moito ás autoridades liberais que gobernaban naquel momento, que fomentanban e apoiaban estas iniciativas por se tratar dun movemento asociacionista liberal e pacífico que indubidablemente desenvolvía a intelixencia e a sensibilidade do pobo.

Estas asociacións, por reflexar a agrupación de cidadáns realizando actividades comúns, atópanse íntimamente relacionadas coa liberdade de asociación e polo tanto os nomes de moitas bandas de música recollen esa idea con termos como "Unión", "Unión Musical", "Unión Artística" e moitos outros que se extenderon por toda Galiza.

Así, no campo da música, a finais do século XIX aparecen en moitos lugares de Europa, e en particular en España as asociacións de instrumentistas - as bandas populares - e as de cantantes - corais e orfeóns - moitas delas constituídas por xente non profesional e outras por semi-profesionais. O fenómeno extendeuse por toda España alcanzando cotas importantes en Cataluña e no País Vasco (orfeóns e corais), e no Levante español, principalmente Valencia (as bandas de música). En Galiza déronse simultaneamente os dous fenómenos, pero con menor importancia.

-
« Maio - 2013 »
LMMXVSD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
1314
15
1617
18
19
20
21
22
23
2526
2728293031 
-
CC