As comidas do IV Campus Musical da Federación Galega de Bandas son na cafetería da Estación de Autobuses.
Ofrecerase aos alumnos a reseva para o xantar dos cinco días que dura o Campus (de 9 a 13 de xullo)
Hai dous tipos de xantares:
- Xantar 1.- para alumnos ata 16 anos, incluídos. Terán dous entrantes a escoller e un plato completo, postre e auga.
- Xantar 2.- para alumnos de 17 anos en adiante. O menú consistirá en dous primeiros e dous segundos a elexir, café, postre e bebida.
Para facer a reserva deben:
- Cubrir este impreso. (O formulario permite cubrirse no ordenador e imprimirse como PDF ou imprimir en papel, cubrir a man e escanealo)
- Facer o pago correspondente segundo a reserva realizada no nº de conta que aparece na ficha de reservas. Ao facer o pago bancario poñer de concepto comidas seguido do nome do alumno
- Enviar copia do xustificante bancario e do impreso adxunto cuberto e asinado a este e-mail campusfgbmp(at)gmail.com
O primeiro día ás persoas que teñan realizada a reserva faráselles entrega dos tickets correspondentes que serán os que deben entregar no comedor.
Os menores de idade estarán acompañados durante o tempo da comida por persoas da organización.