RSSRSS
Federación  »  Quen somos
Aconsellar a amigo

Quen somos

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) é unha unidade asociativa creada en 1987 para dar resposta ás necesidades comúns das bandas galegas.

En torno a ela concéntranse 88 bandas populares. A FGBMP actúa como centro para o desenvolvemento e administración de información, promoción educativa e divulgativa da labor das bandas, así como de organización de cursos, festivais, certames ou intercambios entre bandas de características similares, tanto galegas coma estranxeiras.

A súa razón se ser céntrase en tres eixes:

Primeiramente centrar o debate, a nivel interno, en tódalas cuestións que preocupan ás Bandas de Música e das que depende o seu futuro (xestión administrativa, formas de finanzamento, reformas organizativas, xestión das escolas de música…).

A segunda razón é a de transmitirlles ás Institucións Públicas galegas a verdadeira dimensión do movemento asociativo musical:

  • un movemento asociativo cunha forte implantación, 88 bandas e arredor de 5500 músicos sen contar con asociados e xestores non músicos e os alumnos e alumnas das Escolas de Música xestionadas polas Bandas de Música;
  • un movemento asociativo serio e con capacidade de innovación, xestión e dinamización cidadá,
  • un movemento asociativo que estrutura un "tecido social” capaz de canalizar proxectos e actuacións en diferentes eidos da vida social e cultural dos nosos concellos,
  • un movemento asociativo que contribúe a dotar de contido a nosa “identidade galega”, da que as Bandas de Música forman parte indisoluble e indispensable dende hai máis de 100 anos.

Por último, a terceira razón é a de transmitirlle á sociedade galega unha dobre mensaxe:

  • por unha banda a de que as Bandas de Música están dispostas a facer un esforzo por actualizarse (boa proba disto está nesta páxina web), por achegarse ás novas formas dos usos e consumos culturais para adecuarse ós tempos, para facilitar ós cidadáns dos nosos concellos novos e mellores servizos;
  • e por outra, reclamar á propia sociedade galega que se achegue ó fenómeno asociativo musical, que non lle dea as costas sobre todo nas grandes cidades, que non pense nas Bandas de Música exclusivamente como as que “fan alboradas e verbenas” ou calquera outro acto festivo dos miles que se celebran na Galiza, non renunciando a eles, pero ampliando horizontes tanto en cantidade como en calidade.
-
« Maio - 2013 »
LMMXVSD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
1314
15
1617
18
19
20
21
22
23
242526
2728293031 
-
CC