Durante os días 21, 22 e 23 de novembro do 2008 tivo lugar na sala Anxel Brague do Auditorio de Galicia o II Certame Galego de Bandas de Música Populares.
Un gran evento musical no que se xuntaron 16 agrupacións de toda Galiza divididas en tres seccións con repertorios que foron dende os galegos David Fiuza ou Simón Couceiro ata internacionais como Johan de Meij ou Óscar Navarro.
Foi a segunda edición deste certame que repartíu case 20000€ en premios entre as bandas de música gañadoras e ó que se achegaron centos de persoas para gozar da música das bandas populares.
Un enxalzamento da cultura galega como nunca tivera lugar que se consolida, agardamos se repita o ano vindeiro.