Todo músico é conscente da importancia da saude dos seus oídos para levar a cabo sua actividade profesional pero, ¿coñece realmente os riscos aos que está exposto?
A maior parte das investigacións sobre os danos auditivos ou hipoacusias inducidas nos ámbitos laborais están encamiñadas a coñecer as consecuencias de longas exposicións ao ruido, definindo a éste como calquera son desagradable ou non desexado. Os músicos profesionais, en cambio, nos deleitan con sons agradables a niveis de intensidade equivalentes sen saber que o perigro dunha lesión auditiva é o mesmo.
Por esta razón, varias alumnas do Centro Integrado de Formación Profesional Ánxel Casal en A Coruña decidimos realizar un proxecto de investigación neste campo, tomando unha pequena mostra de dez músicos dunha banda municipal á que se lle realizou un estudo audiométrico completo.
Tras a análise dos resultados detectamos que tres suxeitos, aos que correspondían o maior número de anos adicados á música, amosan un defecto auditivo localizado en frecuencias agudas de características moi similares ás lesións auditivas producidas en traballadores expostos a altos niveis de ruido noutros sectores laborais como pode ser, por exemplo, a construcción.
Queremos destacar que únicamente un deses tres pacientes presenta antecedentes persoais referidos a unha causa externa diferente da exposición musical que puidera xustificar o defecto de audición.
Ademáis disto detectouse, dentro dos pacientes con boa audición, un par de suxeitos cun fenómeno chamado hiperacusia, que produce un estreitamento do campo auditivo refirindo unha sensibilidade excesiva aos sons fortes. Isto pódese traducir como unha advertencia temperá de excesiva exposición ou ruido.
Por todo isto, queremos facer un chamamento á reflexión sobre o coidado da audición no sector da música e destacar a necesidade de programas de prevención e concienciación, xa que a hipoacusia inducida pola música pódese evitar.
Para mais información, póñanse en contacto cos centros colaboradores do estudo: Instituto de Estudios Audiológicos en Vigo (986 228 213), Widex Vigo (986226058) e Widex Ourense (988511929).