Xoves 19 de Xullo do 2012
A Escola de Música de Rianxo organiza este verán xunto co Concello de Rianxo o seu VIII Ciclo de Bandas - Concello de Rianxo.
O seu primeiro concerto terá lugar este fin de semana dentro da programación do Verán Cultural 2012. Será o sábado 21 de xullo ás 21.00 h. na Praza Rafael Dieste a cargo da Banda de Música Municipal de Arbo.
O resto de actividades programadas son:
- 28 de xullo ás 21.00 h. no Campo de Arriba: Orquestra de Sopros de Ourém (Portugal)
- 17 de agosto ás 21.30 h. no Campo de Arriba, Noite de Zarzuela coa Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
- 25 de agosto ás 21.30 h. no Campo de Arriba, Unha noite con Lela, coa Banda da Escola de Música de Rianxo