The table 'tx_glstats_news_visited' is full Federación Galega de Bandas de Música Populares: A Xunta retira máis da metade do seu apoio económico ás bandas
RSSRSS
Inicio  »  Detalle de nova
Aconsellar a amigo

Detalle da nova

Martes 16 de Xuño do 2009

A Xunta retira máis da metade do seu apoio económico ás bandas

A situación de incerteza absoluta por cal sería a situación da Federación Galega de Bandas de Música Populares (unha asociación que aglutina 93 bandas galegas e máis de 5500 músicos) co cambio no goberno da Xunta por fin ten resposta. 

Responsables da FGBMP reuníronse onte con Roberto Varela - Conselleiro de Cultura e Turismo - e con Francisco López - Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura - para manifestarlle a necesidade da continuidade do ambicioso proxecto que a Federación Galega desenvolveu nos últimos tres anos e o nerviosismo existente entre os socios da federación pola posible anulación dalgunha das axudas que viñan recibindo.

Despois de presentar as actividades desenvoltas ate o momento, Roberto Varela manifestou a súa actitude positiva cara a labor das bandas, con todo, e excusándose no xa coñecido "Plan de austeridade da Xunta", afirmou que sería imposible continuar a escala ascendente dos tres últimos anos e que a Xunta de Galicia non asumiría todos os gastos das actividades propostas.

O Conselleiro de Cultura e Turismo asumíu finalmente o compromiso de levar adiante o III Certame Galego e o II Concurso de Composición (irrenunciable pola súa situación xa que as bases se publicaran durante o mes de febreiro durante o mandato do bipartito). No prazo dunha semana, o departamento económico estudiará a mellor maneira de facer fronte aos gastos que ocasionan estes dous eventos co fin de que no mínimo espazo de tempo posible poidan publicarse as xa retrasadas bases do III Certame Galego de Bandas.

En canto ao resto de actividades e compromisos, anúnciase unha suspensión temporal. A FGBMP analiza nestes momentos a situación e esta a facer todo o posible para que as actividades que a Xunta de Galicia non asume poidan ser levadas a cabo por outros medios. Vense afectadas por esta situación as subvencións para a realización de festivais, a Banda Sinfónica da Federación Galega (cuxa única actuación sería a estrea das obras gañadoras do II Concurso de Composición), as axudas para a participación en certames competitivos no exterior, o curso da FGBMP, o curso de composición e as subvencións para os cursos das escolas de música.

 

 

Calificación:
 
-
« Setembro - 2010 »
LMMXVSD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13141516171819
20212223242526
27282930 
-
CC