The table 'tx_glstats_news_visited' is full Federación Galega de Bandas de Música Populares: Xornada histórica nunha Segunda Sección moi disputada
RSSRSS
Inicio  »  Detalle de nova
Aconsellar a amigo

Detalle da nova

Sábado 28 de Novembro do 2009

Xornada histórica nunha Segunda Sección moi disputada

A segunda das xornadas do III Certame Galego de Bandas de Música tivo lugar na tarde de hoxe a partir das 18:00 h no Auditorio de Galicia. As formacións musicais que competiron foron as pertencentes á sección segunda, aquelas que que teñen entre 45 e 60 músicos.

Nesta ocasión, a banda gañadora foi Banda da Escola de Música de Oleiros á que se lle entregou un premio en metálico de 2000 €. En segundo e terceiro lugar quedaron Banda de Escola de Música de Rianxo e Banda de música Sementeira de Cambre cuns premios de 1.400 e 600 € respectivamente. A Federación Galega de Bandas de Música Populares concedeu tamén un premio de 400€ á banda que acadou o 4º posto, Agrupación Músico Cultural de Ribadumia.Ademais a Consellería de Cultura e Turismo estableceu un premio á mellor interpretación dunha obra de autoría ou temática galega que recaeu na Banda de Escola de Música de Rianxo cunha dotación de 800 €. Nesta xornada tamén se puido gozar  dunha das obras finalistas do I Concurso de Composición, A Revolta Irmandiña, de Raúl Martín Niñerola.

Nesta segunda xornada do III Certame Galego de Bandas de Música a acollida aínda foi mellor que a do venres e o ambiente moito máis tenso, tendo en conta a igualdade de condicións das 6 bandas participantes. Proba disto e da gran calidade que amosaron as bandas foi que o xurado tardou case unha hora en determinar o veredicto. Dende que no 2007 o Certame Galego de Bandas  vía a luz, pouco a pouco foise convertendo no escaparate perfecto para dar a coñecer o talento que se agocha detrás das decenas de bandas que hai espalladas por toda a xeografía galega.

Mañá domingo, a partir das 15.30 h. e tamén no Auditorio de Galicia terá lugar a última das xornadas do Certame. Nela participarán dúas categorías. En primeiro lugar as bandas pertencentes á sección terceira, entre 60 e 80 músicos (Banda de Música Municipal de Caldas de Rei, Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira, Agrupación Musical de Vincios, Xove Banda de Narón e Banda de Música Municipal de Valga). A partir das 20.15 tocaralle a quenda á sección especial, entre 80 e 100 participantes (Unión Musical de Valadares e a Banda Artística de Merza).

Calificación:
 
-
« Setembro - 2010 »
LMMXVSD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13141516171819
20212223242526
27282930 
-
CC