Xa están aquí. Aterran nesta nosa comunidade virtual as obras gañadoras do II Concurso de Composición. Chegan Auga Levada de Juan Eiras, Pórtico de Antón Alcalde Rodríguez, A lenda da Santa Compaña de David Cuevas, A pedra da serpe de José Luís Represas e Marea Negra de Antón Alcalde Rodríguez. Chegan logo de ser estreadas pola Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas nun magnífico concerto ofrecido no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o pasado 30 de decembro.
Dende hoxe pódes escoitar e descargar as obras obrigadas do vindeiro IV Certame Galego de Bandas accedendo á sección comunidade. Dende a plataforma poderás descargar o práctico formato mp3, pero se che interesa o .awm sen pérdida de calidade, poderalos descargar tamén dende a sección de descargas, ben do concurso de composición, ben do certame galego.
Ademais podes ir escoitando, pouco a pouco, as gravacións íntegras do III Certame Galego que irán aparecendo nos próximos días tamén, e só, nesta comunidade como antesala ao gran lanzamento do vídeo do III Certame Galego de Bandas que tamén está a chegar.
A GOZAR!