Grazas á creación do Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica o repertorio musical galego estase a enriquecer con pezas de gran valor que pasarán, de seguro, a ser interpretadas polas moitas agrupacións do noso país.
Agora ven a luz as obras finalistas e gañadoras do I Concurso de Composición nunha edición que xa está a disposición de tódalas bandas federadas (podese recoller gratuitamente na oficina da FGBMP, no Milladoiro). Ademais, esta edición complétase tamén coa presentación de Estrasantico de Simón Couceiro que fora obra obrigada no II Certame Galego de Bandas.
Parabéns de novo a Juan Durán, Juan Fernández Guzmán, Raúl Martín Niñerola e Andrés Álvarez Hernández polo premio e por esta edición que pasará a formar parte dos arquivos das bandas de música para a súa interpretación.