Achégase a Semana Santa e dúas das nosas agrupacións lanzan as promocións de cursos que sen dúbida algunha vos interesarán moito. A Agrupación Musical de Goián organiza as 'Xornadas Musicais Semana Santa 2010' mentres que a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira levará a cabo o que xa se converterá no VII Curso de Música de Bandeira.
En canto á agrupación de Goián, o curso que organiza celebrarase entre os días 1 e 4 de abril e impartiranse as especialidades de clarinete, composición e informática musical a cargo dos mestres Esteban Valverde, Bart Picqueur e Ángel A. Montes, respectivamente. Máis información no boletín de información que podes descargar premendo aquí.
O VII Curso de Música de Bandeira terá lugar entre o 29 de marzo e o 1 de abril. Impartiranse as seguintes especialidades: trompeta (José Rodríguez Ramos), frauta (Fernando Raña Barreiro), percusión (Juan Collazo Quinteiro), tuba (José Varela Pardo), trombón (Carlos Figueira Abuín) e clarinete (Francisco Javier Vidal). Ademais, haberá dúas conferencias: 'As bandas de música populares' a cargo de X. Carlos Seráns e 'Mantemento e restauración dos instrumentos de metal' pola conta de Daniel Sánchez Barrán. Contarase tamén coa presenza do pianista Alejo Amoedo Portela. Para máis información, preme aquí.