Durante a xornada de onte, 6 de marzo de 2009, celebrouse en Caldas de Reis a XXIII Asemblea Xeral da Federación Galega de Bandas de Música Populares.
A xornada abreuse coa intervención de Socorro Tobío, Concelleira de Cultura do Concello de Caldas de Reis e transcorreu con total normalidade. Nunha primeira fase, aprobouse a acta da XXII Asemblea Xeral a memoria de actividades do ano 2009 e o balance de ingresos e gastos do mesmo ano. Tamen foron aprobados por maioría o proxecto de actividades 2010 e o orzamento para o mesmo ano.
Outes foi a candidatura elexida para levar a cabo a XIV Asemblea Xeral, a coincidir co XV aniversario da agrupación.
En canto ás eleccións á xunta directiva, en PRESIDENCIA, a proposta de Rubén Souto Santos (quen xa viña desempeñando as funcións nos últimos meses), impúxose á presentada por Francisco Javier Lavía Fontán (56 votos fronte a 22). Os demais cargos nomearanse na sesión de constitución da nova xunta directiva á que se incorporan 9 novas vogalías nun total de 15 membros.
Nas eleccións, foron renovadas as vogalías de:
E foro escollidas como novas incorporacións as seguintes:
A sesión pechouse, con case unha hora de retraso, coa intervención de Juan Manuel Rey, alcalde do Concello de Caldas de Reis.
Logo da comida, as case 50 bandas asistentes puideron gozar da visita a un dos balnearios máis representativos da zona e dun concerto a cargo da Banda de Música de Caldas de Reis.
Os documentos relacionados con está Asemblea seguen dispoñibles na sección Administración desta páxina web previo login cos datos da banda.