RSSRSS
Inicio  »  Detalle de nova
Aconsellar a amigo

Detalle da nova

Domingo 23 de Novembro do 2008

As obras A Revolta Irmandiña e O soño de Breogán gañadoras do I Concurso de Composición

Foto de Daniel Yonte Fuentes

Foto de Daniel Yonte Fuentes

Esta fin de semana, no Auditorio de Galicia, tamén houbo espazo para a composición. Da man de Xurxo Souto presentouse hoxe, domingo, o I Concurso de Composición Musical para Banda de Música e Banda de Música (sección sinfónica).

Na primeira das categorías (Banda de Música) a finalista foi a obra Terra de Oestrimnios de Andrés Álvarez Hernández, acadando o primeiro premio a obra A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola. Na sección sinfónica a obra Irmandiños, de Juán Fernández Guzmán, proclamouse finalista deixando como gañadora a obra O soño de Breogán, de Juán Pedro Durán Alonso.

A convocatoria deste concurso realizouse a través da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, organismos que estiveron representados na entrega de premios polo seu Director Xeral, Luís Bará, e polo seu presidente, Emilio Vázquez, respectivamente. A finalidade deste certame é fomentar e enriquecer o patrimonio cultural galego.

Calificación:
 
-
« Xaneiro - 2010 »
LMMXVSD
 010203
04050607
08
0910
11121314
15
1617
18192021222324
25
26
27
28
29
30
31
-

Non se atoparon novas nesta lista.

CC