RSSRSS
Inicio  »  Detalle de nova
Aconsellar a amigo

Detalle da nova

Luns 06 de Xuño do 2011

Curso de percusión en Bilbao con Daniel Berg

Este curso forma parte dos cursos de verán Bizkaia Bilbao Arte eta Kultura promovidos pola Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea.

Terá lugar do 5 ao 8 de xullo no Conservatorio Municipal de Barakaldo. Conta con 12 prazas para alumnos activos e sen límite para oíntes. O prezo da matrícula é de 115 € para estudantes e desempregados e 230 € para o resto. A matrícula está aberta ata o 21 de xuño.

O curso será coordinado por Javier Alonso Sota, profesor de percusión do Conservatorio Superior de Música Juan Crisóstomo de Arriaga e impartirase en castelán.

Daniel Berg ensina marimba na escola de música da Universidade de Gotemburgo e de Örebro en Suecia.

Xunto con este curso de percusión, desenvolveranse tamén cursos de clarinete, oboe, piano, violín e canto.

Máis información dos cursos neste enlace.

Calificación:
 
-
« Agosto - 2012 »
LMMXVSD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
101112
13141516
17
1819
20
21
22
23
24
25
26
27
28293031 
-
CC