Os días 7 e 8 de outubro terá lugar a estrea da obra de Enrique de Tena “Cantigas bercianas” no Teatro Bergidum de Ponferrada. Esta obra, escrita para banda sinfónica e coro, por encargo da Universidade de Vigo, servirá para homenaxear e promocionar ao poeta berciano Antonio Fernández Morales no 150 aniversario da publicación de “Ensaios poéticos en dialecto berciano”.
O concerto enmárcase dentro das actividades en torno a Fernández y Morales que a Escola Fermín Penzol celebra no Bierzo. A Universidad de Vigo encargou ao prestigioso saxofonista e compositor Miguel Enrique de Tena Peris un traballo musical a partir dos poemas a Ponferrada, Villafranca e Cacabelos escritos por Fernández y Morales e publicados fai cento cincuenta anos na variedade do galego que se fala nestas comarcas.
A composición será interpretada pola Banda de Música Ciudad de Ponferrada, baixo a dirección de Salvador Ferrer Granell e por unha coral formada por unha selección de oitenta voces procedentes de diferentes coros comarcais formado expresamente para a ocasión baixo a dirección de Elena Fernández Delgado.