O mércores 6 de xuño fai 25 anos que se presentaba ante o público a Unión Musical Ponteledesma nas Insuas de Gres (Vila de Cruces). Para conmemorar este cuarto de século e bodas de prata da UMPL o sábado 9 de xuño a partir das 18.00 hrs e no mesmo lugar, a banda celebrará o acto conmemorativo.
Tratarase de reunir aos 124 músicos que nalgún momento pasaron pola UMPL ou aínda están en activo, así como os 5 Directores: Rafael Rosell, José Luis Represas, Miguel Rodríguez Barrio e Roberto Hermida. No caso de Bernardo García del Río, primeiro Director da Agrupación, será o seu neto Bernardo García Rey o encargado de dirixir á UMPL.
Ás 18.00 hrs está prevista a entrada de desfile da UMPL para posteriormente
ofrecer un concerto no que intervirán todos os directores, cun repertorio encargado para conmemorar este Aniversario e que será estreado neste evento.
O programa será o seguinte:
As obras que será estrea absoluta neste concerto son a Marcha de Desfile Paseo Musical e a Muiñeira das Insuas de Gres, compostas por Juan Lois Diéguez, e o pasodobre Enrique López de Antón Alcalde, en recordo ao noso amigo e compañeiro “Enrique de Conde” falecido o pasado ano. Para finalizar o concerto interpretarase de estrea o Himno da UMPL A Nosa Unión, composto para a ocasión por Fernando V. Arias con letra de Neira Vilas.
Posteriormente haberá unha cea de confraternidade entre todos nas Insuas de Gres cunha carpa habilitada para tal fin.
Se o tempo non acompaña, trasladaríanse as actividades ao Auditorio Bernardo García del Río en Gres (Vila de Cruces).