RSSRSS
Inicio  »  Detalle de nova
Aconsellar a amigo

Detalle da nova

Sábado 09 de Xuño do 2012

Bodas de Prata da UMPL

O mércores 6 de xuño fai 25 anos que se presentaba ante o público a Unión Musical Ponteledesma nas Insuas de Gres (Vila de Cruces). Para conmemorar este cuarto de século e bodas de prata da UMPL o sábado 9 de xuño a partir das 18.00 hrs e no mesmo lugar, a banda celebrará o acto conmemorativo.

Tratarase de reunir aos 124 músicos que nalgún momento pasaron pola UMPL ou aínda están en activo, así como os 5 Directores: Rafael Rosell, José Luis Represas, Miguel Rodríguez Barrio e  Roberto Hermida. No caso de Bernardo García del Río, primeiro Director da Agrupación, será o seu neto Bernardo García Rey o encargado de dirixir á UMPL.

Ás 18.00 hrs está prevista a entrada de desfile da UMPL para posteriormente
ofrecer un concerto no que intervirán todos os directores, cun repertorio encargado para conmemorar este Aniversario e que será estreado neste evento.

O programa será o seguinte:

  • Paseo Musical (marcha), Juan Lois Diéguez. Dir: Bernardo Rey García
  • Enrique López (pasodobre), Antón Alcalde. Dir: Rafael Rossell
  • Mujeres y vino, XL Represas. Dir: Xosé Luis Represas
  • Muiñeira das Ínsuas de Gres, Juan Lois Diéguez. Dir: Miguel Rodríguez
  • De Andalucia a Aragón, J Teixidor. Dir: Roberto Hermida
  • A Nosa Unión, Fernando V Arias/Neira Vilas. Dir. Roberto Hermida

As obras que será estrea absoluta neste concerto son a Marcha de Desfile Paseo Musical e a Muiñeira das Insuas de Gres, compostas por Juan Lois Diéguez, e o pasodobre Enrique López de Antón Alcalde, en recordo ao noso amigo e compañeiro “Enrique de Conde” falecido o pasado ano. Para finalizar o concerto interpretarase de estrea o Himno da UMPL A Nosa Unión, composto para a ocasión por Fernando V. Arias con letra de Neira Vilas.

Posteriormente haberá unha cea de confraternidade entre todos nas Insuas de Gres cunha carpa habilitada para tal fin.

Se o tempo non acompaña, trasladaríanse as actividades ao Auditorio Bernardo García del Río en Gres (Vila de Cruces).

Calificación:
 
-
« Agosto - 2012 »
LMMXVSD
 
01
02
03
04
05
06
07
08
09
101112
13141516
17
1819
20
21
22
23
24
25
26
27
28293031 
-
CC